Manuel Araujo Montero

Manuel Araujo Montero

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Responsable de MAM CULTURA / Técnico Concello de Ribadavia

Licenciado en Pedagoxía, Diplomado en Maxisterio, con titulaciones específicas no marco das Industrias Culturais e Creativas, recursos Europeos e Certificado de Profesionalidade en Información Xuvenil.

A miña experiencia profesional fai que en 2007, tras un ano no Reino Unido colaborando coa organización Internacional 'Point Europe'​, volva á miña localidade natal, para incorporarme como técnico de Cultura no Concello de Ribadavia.

Ao ano seguinte, paso a ser coordinador da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX Ribadavia) e responsable dun proxecto Europeo con varios países de América Latina, chamado 'Sensibilización para a Diversificación'​. A partir de aí e ata a actualidade, sigo coordinando dita Oficina e desde 2010, o Centro de Información Xuvenil que abriu ese mesmo ano.

Ademais da miña labor de xestión, traballo con mocidade e educación para adultos, como organizador e promotor de proxectos locais e internacionais (Europa Creativa, Erasmus+, Galeuropa, Corpo Europeo de Solidariedade...), campañas informativas e de sensibilización, etc.

Tamén participei en numerosos programas e publicacións Europeas, como unha guía de recursos sobre Arte Participativa ('PartArt'​), a 'Guía de Sensibilización para a Diversificación” e a guía e plataforma en liña para o proxecto Europeo '​I Love Culture'​.

Fundei a Asociación Arteficial e o Festival Arteficial no ano 2007 que aínda coordino.

Formo parte da directiva da '​Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico de Ribadavia'​ pertencente á Rede Estatal de Museos.

Desde o ano 2015, fun relatora en conferencias organizadas pola Xunta de Galicia, formador en proxectos europeos, moderador e relator en cursos e xornadas organizadas por entidades públicas e privadas, ademais de titor de alumnado en prácticas e mentor para alumnado universitario e de centros de formación profesional.

Fun socio fundador de VIVE NIGRÁN S.L ata Decembro de 2019. Tamén fun propietario do Café Concerto 'Son' e coordinei OURENSEICCWEEK ata 2020.

Co Dirixo o Festival MUSGO e dirixo MAM CULTURA, coa que participei, na asesoría artística e técnica e produción de diferentes eventos tales como:

  • Sons Da Canteira (Doppler Gestión Cultural)
  • Wos Festival 2021 (Work On Sunday)
  • UKPDAY (O Gato Cósmico);
  • Festival Ribeiro Blues&Wine Festival (Ayuntamiento de Castrelo de Miño);
  • Solpor De Monteferro (Ayuntamiento de Nigrán);
  • Solpores Do Museo (Xunta de Galicia);
  • Mocidade (Xunta de Galicia)


MAIS INFORMACIÓN PARA CONSULTAR:
https://www.linkedin.com/in/araujomontero
https://www.mamcultura.com/

CONTACTO: manuelaraujo@mamcultura.com

 

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar